TU MUJER NOS ENGAÑA

LINKS

Web:

www.tumujer.net

Facebook:

www.facebook.com/tmneoficial

TU MUJER NOS ENGAÑA nace en A Bandeira (Silleda, Pontevedra) no ano 2009. Os seus compoñentes iniciais, 4 por aquel entón, encauzábanse máis por un estilo entre o rock e o ska, e foron finalistas en varios concursos da CRTVG como o "Vas Sacar Nota" e o "Apologhit".

 

Asimesmo foron seleccionados, xunto con outros 14 grupos do país, para a gravación dun CD das bandas máis punteiras no panorama musical do rock galego.

 

Comezan tamén ca gravación do seu primeiro traballo de estudo.

 

Xurden trocos na formación, manténdose o número de compoñentes, pero a gravación do novo traballo segue en pé.

 

A finais do 2011, gañan o concurso "NovoSon" organizado pola Radio Galega e o Derrame Rock no apartado Músicas Urbanas.

 

O 2012, é o ano que, a formación pasa a ter 3 compoñentes, e na cal se manteñen Lolo Arincón, como guitarristas e Iago Jorge como batería, incorporándose Noelia Montoto como voz e cabeza visible da formación.

 

A mediados do verán sacan o seu primeiro CD o mercado "Que no te cuenten cuentos", baixo o seu propio selo discográfico Xonix Records.

 

"Foi un experimento, para ver como soábamos en conxunto, para encauzarnos como grupo e definir limitacións, pero sobre todo, afán de crecemento persoal e grupal", afirma o grupo tras o lanzamento deste primeiro traballo.

 

A acollida deste primeiro traballo é mellor do que esperaban, incluso por parte da crítica especializada que presaxian un bó futuro para eles, se o grupo segue na mesma liña.

 

Ademáis, ese ano, TMNE queda finalista no concurso "Cantalíngua", e gañan, por segunda vez, pero agora no apartado Pop-Rock, o "NovoSon" da Radio Galega e o Derrame Rock.

 

Comezan a dar algún concerto ca nova formación, e aparecen na TVG en programas como "A Solaina" e tamén na Radio Galega en algunha ocasión.

 

A finais de outono, comeza a falarse de certo proxecto ambicioso e arriscado, primeiro como unha broma, pero, co paso das semáns, como unha posible opción.

 

Entran no ano 2013, un ano cheo de concertos por toda Galiza, algún deles de man do Agadic, e a aparición nos programas televisivos máis famosos nese momento en Galiza como Tourilandia, Bamboleo, Lúar...

 

Ese proxecto ambicioso que tiñan en mente comeza a tomar forma sobre o papel, e co paso dos meses, tínguese de realidade e organización. Noelia pasa a ser, ademáis de voz, baixista do grupo, e comezan moitas horas de encerro nos seu estudio de gravación Xonix Records, para dar forma o seu novo traballo.

 

Quedan finalistas no "NovoSon" e no "Cantalíngua", e tras un derradeiro concerto no Bandeirock (festival para grupo noveis que eles mesmos organizan) despídense dos escearios e das cámaras, proxectando a sua reaparición na escea no 2014, pero tras barrallar moitas opcións, e coa incompatibilidade horaria na súa contra, veranse na obriga de ralentizar o traballo, e o mesmo tempo, engadir un novo grao de complexidade a éste.

 

Pouco a pouco o rock-fusión é o xénero musical predominante.

 

O 2014 ten infinidade de arquivos audiovisuais da pegada de grandes do panorama musical e radiotelevisivo polos estudos Xonix Records como convidados a este ambicioso novo proxecto, así como de xente amiga e familia, que aportan a éste, xa non só ideas, recordos, senón tocos, notas e correccións necesarias.

 

A metade do proxecto, retírase Noelia de baixista por problemas de saúde o que leva a incorporación de un novo baixista para poder rematar o proxecto.

 

O escollido é Paco Montoto, irmán de Noelia, que en principio iba incorporarse como músico de estudio, pero o remate quedase como un compoñente máis do grupo.

 

Iago compaxina o seu posto de batería en TMNE con outro grupo local como músico de apoio, e Lolo combina a súa labor de guitarrista cade enseñeiro de son e produtor do selo discográfico do grupo: Xonix Records.

 

Inda inmersos neste proxecto, reciben un convite para participar no traballo tributo o mítico grupo lugués de garage Los Contentos.

 

Para eles é unha honra que inda que fai case dous anos que levan desconectados do mundo para levar a cabo o seu soño, outros grupos e xente da música se lembren deles, polo que fan un parón momentáneo e gravan unha version do tema "My Wife" do grupo de Lugo para este tributo.

 

E como non hai dous sin tres, de novo reciben outro convite para outra homenaxe musical; esta vez a Manuel Seixas, líder dos desaparecidos Korosi Dansas de Vilagarcía de Arousa.

 

Encárganse de versionear o tema "Nada que perder", tema que lles gustou tanto interpretar que deciden incluilo no megaproxecto no que están inmersos.

 

Unha importante emisora radiofónica portuguesa contactou con eles para que se animen a, xa que no 2014 se cumple o 40 aniversario da revolución dos claveis en Portugal, facer unha versión rockeira do himno da revolución: Grândola Vila Morena, e para este encargo pídenlle que colabore con eles a Piti Sanz, famoso músico e compositor galego moi achegado os compoñentes do grupo.

 

Gracias a esto son convidades o 14 de Abril, aniversario do levantamento,  pola Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira (Portugal) a gravar un videoclip no pobo para promoción turística do mesmo.

 

Pensando nos concertos ao vivo que terán que facer unha vez o proxecto estea rematado, e para darlle máis contundencia a súa música, entre a comezos do 2015 como guitarra solista o ponferradino Pablo López.

 

Tras moitísimos días, tempo e esforzo, por fin, o día 12 de xuño do 2015, na sede norte da SGAE en Compostela, presentan para toda España: MALAS LÍNGUAS, o primeiro cd cuádruple que un grupo español saca o mercado.

 

Comezan o camiño da promoción deste traballo con un montón de entrevistas, artigos, críticas... tanto na prensa escrita como nas radios e televisións de todo o país.

 

Por motivos laborais, despois da presentación do novo traballo, Pablo López ten que deixar a formación.

 

A mediados de xuño e despois de 2 meses de concurso, resultan gañadores do concurso organizado polo XX Derrame Rock, polo que, son escollidos para tocar o día 27 de xuño, na despedida de este festival de Ourense xunto a bandas tan míticas como: Los Suaves, Siniestro Total, Rosendo, Burning, Michael Schencker Temple of Rock...

 

O día seguinte a crítica que se lee na prensa, como no caso de La Región, da súa volta os escearios despois de dous anos é: "... durante su actuación Tu Mujer Nos Engaña dejaron al público con ganas de más, pués se trata de una banda con mucho futuro.

 

O día seguinte do seu paso polo Derrame Rock, voltan de novo a Vila Nova de Cerveira a gravar outro videoclip.

 

Tras unha intensa búsqueda e moitas probas, en Xullo, Guille Ares é o escollido como guitarra solista da banda.

En novembro do 2015, despois de máis de 5 anos compartindo ensaios, risas, concertos, vivencias... Noelia ten que deixa-la formación para buscar o seu lugar nesta vida e perseguir os seus soños. A banda sufre un duro golpe, pero como sabe que o show debe continuar, póñense a busca de unha nova vocalista que cubra o posto deixado por Noelia: que teña unha gran voz, personalidade, táboas, políglota..., en resumo, que sexa a cabeza visible do novo camiño que quere emprender a banda.

Despois de máis de 6 meses facendo probas a máis de 15 voces femininas galegas do rock, a escollida foi Lorena Prieto, nada en O Grove pero residente en Compostela.

A incríble voz, forza que transmite, saber estar enrriba dun esceario, compenetración co resto da banda... foi o que lles animou a xuntarse e comezar un novo proxecto que está en marcha e dárase a coñecer no 2017.

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now