top of page

ACIDPROYECT

CD: "Baba Yaga" (2017)

ACIDPROYECT é unha banda orixinaria de Ourense (Galiza, España) que vén practicando Metal ou Rock Alternativo dende o seu nacemento no ano 2007. Actualmente formada por Gaby Montes (batería), David Cortiñas (baixo), Brais Vázquez e Iván González (guitarras) e Carlos Murias (voz), se ben ate 2011 o encargado das catro cordas foi Jaime Gómez, a banda móstrase con gran orgullo abandeirada do que eles veñen en chamar “Metal Hedonista”(carente de barreiras autoimpostas).

A banda comeza a súa andaina dando innumerable cantidade de concertos pola xeografía galega durante os anos 2008 e 2009, grabando a finais deste os 6 cortes que formarían parte do seu primeiro plástico, unha maqueta que ve a luz a inicios do 2010 e titulada, moi orixinalmente,  “DEMO 2010”. Nesta primeira obra xa deixan plasmados os sinais de identidade que os acompañan dende os inicios: melodía, raiba, pasaxes oníricos, solos vibrantes, esquizofrenia efímera… Namentras defenden a súa proposta, graban o seu primeiro clip (“I can´t keep the faith in the world”) e impóñense en dous concursos de bandas emerxentes, o Concurso de Bandas Klan Destino e o Concurso Festival Magus. Grazas á victoria neste último, graban unha primeira versión dun tema que máis tarde se convertirá en clave para ACIDPROYECT, “Ouija”.

As súas brillantes actuacións durante 2010 fan que o combo ourensán pegue un salto de calidade no 2011, tanto na proposta musical, como na importancia dos eventos nos que actúan. É así como aparece no Live for Madness I (con Dredd, Vivid Remorse e Upcoming Devastation), Break Your Neck Fest (Yidorah, Psyquence, Prap´s), Raigamazzo Rock (Porretas, Reincidentes…), Ponte Rock (Recambios Tucho) e, sobre todo, Derrame Rock (Molotov, Def Con Dos, Boikot, S.A., Dakidarría, etc. etc.). Vistas as circunstancias, a banda decide embarcarse na grabación do seu primeiro LP, nun inicio adicando 2012, salvo esporádicas aparicións sobre o escenario, á composición, e durante outono´12 e inverno´13 á grabación do mesmo nos Nocturnal Studios do célebre guitarrista José Rubio.

É así como, en Maio de 2014, diversos atrancos mediante, sae por fin á luz “Where´s your God now?”, disco que, como os mesmos ACIDPROYECT recoñecen, tivo una repercusión en canto a crítica, público e aparicións en medios, infinitamente superior á agardada. Varias xiras por Galiza (a destacar o Road to Madness Tour xunto con Primitive, N.O.T. e Hidden Code), concertos en Portugal, e, como punto culminante, a clasificación para a final do Resurrection Fest Band Contest en Madrid, onde 6 bandas foron seleccionadas polo público de entre unha lista infinita de bandas francesas, portuguesas e españolas. A pista número 2 do LP, “Ouija”, extráese como single co seu respectivo videoclip, converténdose de inmediato no tema clave de banda e seguidores e en bandeira da proposta ácida. Ademais, durante o Ponte Rock´14, reciben o galardón de “Pontinos do Ano”, máxima condecoración do barrio da Ponte, do cal son orixinarios os membros de ACIDPROYECT.

 

Así, tras un 2016 de composición e grabación, plántanse no 2017 cun novo disco baixo o brazo, “BABA YAGA”, grabado nos estudios de XONIX RECORDS, sello discográfico co que firman. Un disco con 10 cortes nos que, unha vez máis, o eclecticismo é o sinal de identidade dunha proposta única.

ACIDPROYECT

CD: "Baba Yaga"

6 €

bottom of page