VARIOS

DIGIPACK: "Nada(l)" (2017)

            LEVAMOS ANOS, DÉCADAS, XERACIÓNS ENTEIRAS CELEBRANDO O NADAL COA MESMA MÚSICA DE FONDO. AÍNDA POR RIBA, CASE SEMPRE CON PANXOLIÑAS IMPORTADAS DOUTRAS CULTURAS E DOUTRAS TRADICIÓNS, E QUE NIN SEQUERA SABEMOS QUE QUEREN DICIR COAS SÚAS ARREVESADAS LETRAS.

 

            PERO OS TEMPOS SON CHEGADOS. É HORA DE PREGUNTÁRMONOS SE A ESTRELA QUE SEGUÍAN OS REIS ERA DE CAÑA OU DE BOTELLA, DE SOSPEITAR QUE FACÍA TANTO CAMELO CHAMANDO AO INTERFONO DO PORTAL DE BELÉN, DE LEVARS AS ZAMBOMBAS PARA O FAIADO E DE TIRAR COAS BOTELLAS DE "ANÍS DEL MONO" (LOGO DE BALEIRAR O SEU CONTIDO, MADIA LEVA...)

 

            E HORA DE REMATAR CON TANTA NOITE DE PAZ E DE ARMAR A MARIMORENA, PERO DE VERDADE, PORQUE AS NOSAS PANXOLIÑAS VEÑEN AGORA CARGADAS DE ENERXÍA SONORA, DE LETRAS PODEROSAS E DE DECIBELES!.

 

            TRECE DAS MELLORES BANDAS GALEGAS DE BLUES, POP, ROCK, SKA, METAL... ACEPTARON O RETO DE XONIX RECORDS E XUNTAN AQUÍ AS SÚAS FORZAS PARA ACHEGAREN ENTRE TODAS UNHA NOVA INTERPRETACIÓN DAS MELODÍAS DE NADAL, SEN RENUNCIAR A CADANSEU ESTILO, PERO, AO MESMO TEMPO, OFRECÉNDONOS UNHA FACETA DISTINTA, ARRISCADA E SORPRENDENTE DO SEU LABOR MUSICAL. ESTÁS BANDAS SON:

 

ESPIÑO

ESPOSA CON PANTIS

RUXE - RUXE

PITI SANZ

RAIBA

ZËNZAR

MASKARPONE

THE LÁKAZANS

ACIDPROYECT

TU MUJER NOS ENGAÑA

LIVIAO DE MARRAO

SOM DO GALPOM

OSCAR AVENDAÑO Y LOS WAVY GRAVIES

 

            OLLO QUE NON ESTAMOS FALANDO DE NOVAS VERSIÓNS DAS PANXOLIÑAS DE SEMPRE: SON TEMAS INÉDITOS, DE ABSOLUTA CREACIÓN PROPIA, NUN ÁLBUM CENTO POR CENTO ORIXINAL EN TODOS OS SENTIDOS!. UNHA PROPOSTA QUE PON PATAS ARRIBA A MÚSICA DE NADAL E QUE É CAPAZ DE DEIXAR COA BOCA ABERTA A PAPÁ NOEL, O APALPADOR, OS REIS MAGOS E TODA A DEMAIS TROPA QUE SAE DO SEU LETARGO ANUAL NESTAS DATAS.

 

            TAL VEZ DENTRO DE TRINTA, CINCUENTA OU CEN ANOS AS NENAS E OS NENOS DA GALIZA CANTEN NA OITEBOA AS PANXOLIÑAS DESTE ÁLBUM PENSANDO QUE SEMPRE ESTIVERON AÍ, E QUIZAIS PENSANDO TAMÉN QUE XA VAI SENDO HORA DE QUE ALGUÉN MANDE AO CARALLO TANTO CLÁSICO RANCIO E ANTICUADO.

VARIOS

DIGIPACK: "Nada(l)"

10 €

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now